Translate

martes, 14 de julio de 2009

Festival do Mundo Celta de Ortigueira



O pasado sabado 11 de xullo estivemos en Ortigueira onde nos convidaron a poder mostrar o folclore galego dentro da progaramación do festival celta. Foi unha mágoa que o dia non tivese mais horas para poder ficar-nos até mais tarde desfrutando da compaña dos nosos amigos da Escola de Gaitas de Ortigueira. Unha aperta para Jaime,Cristina,Ana o Sr. Roberto e a sua dona Sra. Ana María (Marita), a xente de Mera (que tan ben nos tratou cando estivemos) a Escola de Gaitas de Ortigueira e ao concello por confiar en nos.


Esperamos tervos con nos en Septembro na nosa Romaría.

Unha aperta para todos os que traballastes a reo para facer unha vez máis un festival convertido nun referente do mundo Celta.

jueves, 9 de octubre de 2008

XA FOI


O pasado 27 de septembro tivemos un día de festa rachada en Arillo.Viñeron unha chea de amigos a nosa Romaría , e outro fato deles as nosas Habaneras.Polo medio ainda nos deu tempo de ir a visitar os nosos amigos de Lubre e facerlles un par de bailes no escenario (non sei que facemos pero xa van varios anos que nos cadra a nosa festa ca deles).

sábado, 20 de septiembre de 2008

O noso grupo

O grupo de baile e gaitas Dorna naceu no ano 1985 como unha das actividades que nese intre organizaba a S.C.R.D. Dorna de Dorneda.Dende esa data ata hoxe o grupo traballou de xeito ininterrompido nas suas seccions de baile, gaita e percusión coa finalidade de aprender a espallar o noso folclore.Na actualidade contamos ademáis cun coro galego adicado a música tradicional.
No seu nacemento o grupo foi apadriñado polo laureado coro galego Cántigas da Terra.Na actualidade conta con máis de coarenta compoñentes con edades comprendidas entre os 3 anos ata os 75.
O longo da sua historia o grupo fixo multitude de actuacions por toda a xeografía galega: ( Cee,Lalín,Vimianzo,Corcubión,Arzua.Ordes,Carral,Mesía,Carballo,Laracha...)todos os concellos que nos rodean e os que pertencen a area metropolitana da Coruña,festas nos barrios da Coruña.Todas as edicions da Xuntanza Mariñana.Os nosos compoñentes actuaron tamén en Asturias (Santirso de Abres),Ceuta,Zaragoza (fomos cos nosos amigos "Os Gaiteiriños" a Expo da auga e o ano pasado nas festas do Pilar);tamen actuamos no veciño Portugal (San Pedro de Roriz). O traballo desenvolvido polo grupo e a iniciativa dos membros da xunta directiva,e dos seus compoñentes,fixo posible a realización da romaria folclórica que se celebra no mes de Septembro e que este ano fai a sua 8ª edición asi como a 9ª edición do encontro de Habaneras donde participan numerosas corais do ámbito galego.